Tal e como anunciamos o 17 de febreiro estaba previsto o xuízo na Audiencia Nacional pola demanda da CIG contra Abanca, para que implante un sistema de rexistro da xornada efectiva e das horas extraordinarias.
Ao inicio do xuízo os maxistrados instaron a ambas partes a conciliar. Por parte da empresa, representada pola avogada que negociou os ERE´s, se propuxo que non se celebrase o xuízo e quedar a expensas da decisión do Tribunal Supremo sobre o recurso presentado por Bankia noutra demanda semellante.
A CIG rexeitou tal posibilidade, ao noso entender a única conciliación posible era implantar un sistema de rexistro da xornada efectiva e deixar dende xa de obrigar ao persoal a realizar horas extraordinarias que non se pagan.
Ademais o Tribunal Supremo xa ten ditado sentenzas sobre esta materia, coma a do 11 de decembro do 2003, favorable aos nosos argumentos.
Abanca simplemente quere seguir na situación actual e utilizar a implantación dun rexistro coma un “cambalache” na negociación do Convenio Colectivo.
Celebrouse pois o xuízo, quedando listo para sentenza.
Comentarios
Publicar un comentario