Unha vez rematada a nova convocatoria dos exames EFPA, dirixímonos de novo á Dirección de Abanca transmitíndolle:
- O persoal continúa formándose fóra da xornada laboral, meténdolle horas non pagadas nin compensadas.
- A formación facilitada pola empresa é totalmente deficiente, nomeadamente para o persoal que non ten titulacións universitarias de económicas ou empresariais. Deberían analizar as necesidades formativas de cada colectivo, montando cursos específicos. O persoal está pagándose clases particulares do seu peto.
- Os contidos dos cursos formativos/exame tiñan novamente erros. Claro que é difícil de demostrar, xa que o persoal que suspendeu non ten dereito a ver o exame.
- Ao persoal que solicitou ver o exame se lle contesta que non se pode, que en todo caso, se queren unha nova revisión, ten que pagar do seu peto 25 euros.
- Ao persoal que suspendeu se lle anota automaticamente para a seguinte convocatoria. Non sabe cales son as materias nas que debería reforzarse e non recibe formación específica.

Que ten feito a CIG?
- Dirixirnos unha e outra vez á Dirección para reclamar que tomen medidas.
- A empresa pretendía bonificar as formacións con axudas públicas, elevamos informe negativo, ante o cal a empresa abriu a Comisión de Formación.
- Presentamos denuncias nas Inspeccións de Traballo e, malia que actúan lentamente e sen un criterio único, nalgún caso xa requiriron para que se facilite compensación horaria polas horas de formación. • Presentamos conflito colectivo para que se abonen as horas extras ou se compensen. Froito do conflito abriuse unha negociación, limitada no tempo, e a empresa ofertou poñer tempo da xornada laboral para a formación (o 30% o resto tería que ser en “tempo persoal”, é dicir, horas que non pagan). Non o aceptamos.
- Presentamos recurso contra a Guía Técnica 4/2017 da CNMV.
- Xa preparamos novas denuncias e conflitos. Xa está ben de abusos por parte da empresa e de EFPA.
Comentarios
Publicar un comentario