O 9 de maio houbo unha nova reunión da mesa negociadora aberta no seu día a instancias da patronal para negociar un rexistro horario, pero agora pretende seguir coa fraude, por iso o 8 de maio saímos á rúa.
A CECA agárrase á sentencia de Bankia, ditada pola Sala do Social do Tribunal Supremo (recentemente renovada polo PP), para negarse a implantar o rexistro da xornada efectiva. Xa agardabamos a súa resposta, polo que dende a CIG xa estamos dando pasos:
Campaña pública.
O 8 de maio iniciamos un proceso de mobilizacións e sobre todo de denuncia pública da maior fraude á Seguridade Social (a das horas extras non pagadas e non cotizadas).
Así, o 8 de maio percorremos en manifestación as rúas da Coruña e houbo concentracións en 8 bancos, (no caso de Abanca concentrámonos en 2 oficinas), Caixabank, Bankia, Santander, BBVA, Pastor, Sabadell e Caixa Geral.
Conflito Colectivo.
O 19 de maio terá lugar unha mediación no SIMA en Madrid, pola demanda de conflito colectivo que presenta-mos contra Abanca, polas horas e gastos nos que incorremos pola formación MIFID II.
As horas extras ilegais destrúen emprego e son unha fraude á Seguridade Social, ímolos parar.
Comentarios
Publicar un comentario