A patronal non modificou as súas pretensións, en todo caso, na reunión do 10 de decembro foron máis claros que nunca. O único camiño é incrementar as mobilizacións, para avanzar cara a unha FOLGA sectorial.
Proposta patronal:
Trienios
O importe anual dos trienios reduciríase ao 2% dende 2016. O tratamento estenderíase ao pactado a nivel de empresa.
Plus Convenio
O tratamento estenderíase tamén ao pactado a nivel de empresa. Suspéndese o abono para 2016. Parte fixa: en 2017 e 2018 abonaríase a mesma cantidade que en 2014. Parte Variable: en 2017 e 2018, a mesma cantidade que en 2014, pero vinculada ao ROE de cada entidade ao final exercicio anterior.
Carreira Profesional
Recortar a carreira profesional, que prexudicará en maior medida ás mulleres. Creación dun novo nivel de entrada máis barato. Promoción por experiencia ata Nivel X. De Nivel Entrada a Nivel XII: 4 anos de permanencia. De Nivel XII a Nivel XI: 3 anos e 3 meses de permanencia. De Nivel XI a Nivel X: 7 anos de permanencia. Unha porcentaxe ascendería a dedo entre os niveis X, IX e VIII.
Clasificación de Oficinas
Eliminación da obriga da existencia de subdirectores/as e segundo responsable de oficina. Modificar a clasificación de oficinas reducindo a tres as categorías, cos seguintes niveis: categoría A, nivel V; categoría B, nivel VI; categoría C, nivel VII.
Xornada e
Horarios
Cada entidade poderá establecer horarios de traballo de mañá e tarde comprendidos entre as 8 e as 20 horas nun 30% dos centros de traballo. O persoal directivo e auxiliar do mesmo e os/as xestores/as comerciais terán o horario que estableza a entidade. As empresas poderán adecuar o horario de servizo ao público, ao que teñan outras entidades ou establecementos non bancarios de análoga función.
Mobilidade Xeográfica
Estender os quilómetros, de 25 a 50. Esta medida tamén penalizará ás mulleres, xa que a mobilidade aplicase en maior medida entre os niveis VIII e XIII.
Incremento Salarial
CERO’CERO para 2015 e 2016. Para 2017 e 2018 xa se verá.
Complemento Pensións
Eliminación da revisión dos complementos.
A vindeira reunión será o 22 de decembro. Pola nosa parte rexeitamos as propostas patronais e continuaremos coas mobilizacións. A seguinte manifestación e concentración están convocadas para o 14 de decembro en Lugo.
Comentarios
Publicar un comentario