 Están en marcha as oposicións de ascenso 2018, nunca gustamos deste sistema, si o Convenio recoñece a existencia dun só grupo profesional con idénticas funcións non entendemos que existan diferenzas salariais que non teñen unha base obxectiva.

Ademais defendemos o ascenso ate nivel VI, coma que o tiñamos pactado en Caixa Galicia, e as oposicións en Abanca son ate nivel VII (aínda que mellores que as pactadas no Convenio Estatal por CCOO-UGT-CSICA que só chegan a nivel VIII). 
Prazas a convocar por Abanca: 
Nivel VII    11 
Nivel VIII   11 
Nivel IX      11 
Nivel X       10 
Total            43 
Tamén entendemos que o número de inscricións do proceso anterior (869 persoas) fan que o número de prazas sexa insuficiente.
Programación: 
Inscrición en setembro para evitar incidencias ou queixas por vacacións. Apertura estudio en novembro para evitar coincidencia co fin de estudo certificacións. Exames en abril-maio 2018, con efectos laborais de 1 de xaneiro de 2018. 
Programa: 
Aproveitar o esforzo para obter a certificación MIFIDII IAE e tamén contidos comúns a todos os postos (normativa, institucional, habilidades, etc.).
Comentarios
Publicar un comentario