O 1 de decembro estaba prevista unha nova mesa negociadora do Convenio, pero sorprendentemente recibimos un aviso o día anterior desconvocando a reunión. A patronal continua enrocada e nos mantivemos a xornada de loita prevista na Coruña. 

 Sen loita sindical non se consigue defender os dereitos laborais e moito menos conquistar novos, por iso a CIG está dando a batalla polo Convenio ala onde lles manca, fora das entidades onde mandan eles. As rúas son dos traballadores e traballadoras.

 “Fronte a tesoura da patronal, nestes 11 meses a CIG convocou 4 manifestacións e 24 concentracións, no mesmo período o resto de sindicatos (que discuten entre eles) convocaron 1 na Coruña.”

 Semella que para algúns o acordo é un fin en si mesmo, cando debería ser un instrumento para mellorar as condicións laborais. Tamén é certo que pretenden utilizar a “perda de ultractividade” para ceder ante a patronal xustificando un mal acordo, pero nada disto é novo. 

 Cando nos propuxeron entrar na mobilización conxunta que fixeron, dixemos que debería pactarse unha plataforma sindical de mínimos; un calendario que incluíra asembleas que debían aprobar a plataforma e decidir sobre calquera futuro acordo. CCOO, UGT, CSICA e CIC (ASCA) nin contestaron. O tempo deunos a razón. 

Pero iso non xustifica tratar de amedrentar a xente como pretende CIC, o cal é demagóxico e antisindical. Ademais pensan que os dereitos se gañan nos xulgados, pero alí imos cando non queda outra. Os xuíces son mais da patronal e da dereita que nosos. A xustiza é cega, pero non imparcial. 

En fin, os cadros de persoal non nos merecemos cobrar menos por traballar o dobre, por iso converxeremos na convocatoria de folga si chega a realizarse, pero polo pronto seguimos na rúa. 

Vindeira xornada de loita o 14 de decembro en Lugo.

Comentarios