Manifestación e concentracións en Vigo en Caixabank, BBVA, Abanca, Pastor-Popular, Santander e Sabadell-Gallego


Tal e como anunciamos, o 21 de outubro manifestámonos polo centro da cidade de Vigo, concentrándonos en distintas entidades, dando así continuidade ao proceso de mobilizacións iniciado o 24 de setembro para demandar un CONVENIO XUSTO, e para defendernos das intencións das direccións e salvagardar os postos de traballo e as condicións laborais. 

Os cadros de persoal están fartos das condicións de traballo impostas polas direccións, os abusos, as ameazas, a arbitrariedade, os obxectivos crecentes, etc. Mentres as direccións son as únicas cómodas coa situación actual: disfrutan cada día de maiores privilexios a costa de recortar os nosos dereitos. 

Nunha fuxida cara adiante, agora as patronais de banca e aforro pretenden aproveitar a reforma laboral e da negociación colectiva para afianzar o traballo por obxectivos, recortando retribucións pasando parte a variable (eles din modernizar) e desregulando outras condicións de traballo (eles din “flexibilizando”). 

Por se fora pouco, estamos asistindo a un “regreso ao futuro”: as advertencias e presións do Banco de España para levar adiante novos procesos de fusións están a orde do día. Un proceso que só beneficia as direccións, xa que a consecuencia é a consolidación dun oligopolio bancario que levará á destrución de milleiros de postos de traballo. 

Por todo isto, seguiremos co proceso de mobilizacións. Abonda de prepotencia e de quitarnos diñeiro dos nosos petos para encher os deles!!!

Comentarios