Conflito Colectivo na Audiencia Nacional para que a empresa rexistre a xornada e pague as horas extras

Hoxe a CIG presentou no SIMA en Madrid a mediación previa para a presentación dun Conflito Colectivo na Audiencia Nacional, para que Abanca Corporación Bancaria S.A. estableza un rexistro da xornada laboral que permita aos traballadores e traballadoras da Entidade coñecer a xornada efectiva que realizan e polo tanto o dereito a percibir a compensación ou pago polas horas extraordinarias. 

A empresa está exercendo continuas presións para que o persoal realice mais horas das reguladas, amparándose na falta dun rexistro da xornada efectiva. Ademais denega sistematicamente a realización de horas extraordinarias para non pagalas, non compensalas e para poder superar o límite legal máximo de 80 horas extra anuais. Xa abonda de prepotencia empresarial.

Houbo un cambio dos horarios comerciais, reducindo a 15 minutos o tempo para a apertura das caixas, cadres, etc; que tamén está provocando que se estenda a xornada en moitas oficinas. Agravado pola convocatoria de comités a primeira ou última hora da xornada laboral. 

Hai un incremento dos obxectivos comerciais, que en moitos casos son inalcanzables dentro da xornada laboral, nomeadamente para o persoal de caixa, o que moitos xefes “resolven” facendo chamamentos e exercendo presións para que se traballe mais tardes das previstas. 

A implantación de horarios flexibles, sen que exista un sistema de control, provoca indefensión e abre a porta á realización de horas extraordinarias. 

 A continua convocatoria de reunións comerciais e/ou cursos de formación, fora da xornada laboral, que en moitos casos implican longos desprazamentos, é outro dos motivos que leva a facer horas extraordinarias que a empresa négase a pagar. 

Por todo isto temos presentado un conflito colectivo, queremos que Abanca Corporación bancaria SA, cumpra a lexislación. Lembrando que as horas extras son voluntarias, pódese realizar un tope máximo anual de 80 horas e deben ser pagadas ou compensadas aos traballadores e traballadoras.

Non regales a túa vida ao banco.

Comentarios