Oficinas con horario estendido

A empresa xa podía utilizar o ERE 32/2013 para abrir as 190 oficinas con horario estendido, pero só o fixo en 102, si quixera abrir o resto agora podería facelo, pero o mete no "paquete" deste novo expediente. O motivo? son os primeiros en saber que non é rendible, pero queren utilizalo como moeda de cambio para modificalo total ou parcialmente.

O que si que queren é dar natureza de lei ao horario ilegal que tiñan os traballadores e traballadoras do Banco Etcheverría de 5 a 7 da tarde. horas extras non pagadas, non cotizadas e polas que facenda tampouco cobra. Esa é unha das claves ocultas desta negociación.


Ademais Abanca baixo a denominación "horario flexible", quere implantar unha "xornada de traballo irregular" mais ala do que permite a lexislación e sen as garantías previstas na mesma.

Comentarios