Durante a campaña electoral advertíamos que a intención da empresa pasada
as eleccións era abordar un proceso de cambio de horarios e recorte de salarios
e condicións laborais, dende a CIG nunca agochamos as intencións da empresa.
Agora non nos colle por sorpresa.
A mensaxe das urnas foi clara e hoxe
a empresa puxo en marcha un novo proceso colectivo de modificación substancial
das condicións laborais e de inaplicación do Convenio Colectivo Sectorial. Para iso conta unha vez mais co asesoramento
do Despacho de Sagardoy, redactor da reforma laboral por encargo do Goberno,
para aplicar esta ata as últimas consecuencias. Si a esclavitude fose legal,
Abanca a utilizaría.
Na practica pretende prorrogar mais ala da vixencia do ERE 32/2013 algunha
das medidas de que este recolle; consolidalas no tempo e cara ao futuro. Contempla tamén novos recortes,
nomeadamente unha conxelación salarial
para toda a vida para a maior parte do cadro de persoal e da desaparición dos
horarios (traballaremos sen limites).
Pasamos a explicar que significan as medidas propostas pola Dirección.
Horarios Estendido:
O ERE 32/13 establecia que poderían abrir 190 oficinas con horario
estendido; a empresa só puxo en marcha este horario en 102. Agora pretende
implántalo nas restantes pactadas no seu día por NCG, CCOO-UGT e CSICA.
Horarios Servizos Centrais.
Na práctica os horarios xa foron en gran parte modificados con acordos
“persoais”. Ademais as unidades que
realicen atención directa ao cliente, teran o horario partido da rede
comercial.
Horario flexible
A empresa pretende implantar no resto das oficinas un “horario flexible”
das 8:00 horas ás 19:00 horas con hora e medida para xantar. Indicando que non
haberá ningún sistema de control horario mais ala do cómputo anual da xornada
previsto no Convenio. Na práctica pretenden legalizar unha fraude masiva, xa
que non haberá control sobre as horas extras ou a xornada. Pretenden que
traballemos de sol a sol, 9 horas e media diaria.
O horario estendido e o horario flexible supoñen un recorte salarial
(reducindo o custe unitario por hora traballada); pero tamén un gasto maior para
o persoal desprazado fora da sua residencia (a gran maioria).
Salario Mínimo Garantido 21 pagas;
trienios.
Estes complementos pasaran a ser
absorbibles, significa que ata que sexan absorbidos na súa totalidade teras o
salario conxelado. En moitos casos de por vida.
O ERE 32/2013 contemplaba que non se cobrarían trienios ata o ano 2017. A
empresa pretende que a partir desa data no caso dos trienios será absorbible o
35% da túa antigüidade actual consolidada.
Complementos persoais 18/10/2010
Os complementos persoais creados polos Acordos dos Consellos das Caixas
naquela data volverán a ter carácter funcional (dependendo do posto). Si non se
está no mesmo posto deixaran de percibirse.
Plan Pensións
No ERE 32/2013 a empresa e os sindicatos asinantes establecían que non se
realizarían achegas ata o 2017 e que pactarían unha fórmula para reducir no
futuro as achegas nun 20%. Foi por iso que cando se asinou o “acordo de
integración” en pleno proceso electoral consideramos que se trataba dunha
fraude.
A empresa agora fai unha proposta que reduciría a ” achega definida” do
persoal procedente de Caixa Galicia nun 50%, no caso de Caixanova nun 37,5%.
Descolgue do Convenio
O Convenio actual vence o 31/12/2014, está denunciado e se negociará un
novo no 2015,, por iso gran parte das medidas, sen saber como será o novo
Convenio, resultan extemporáneas.
Ao amparo do artígo 82.3 do ET pretende suspender a axuda gardería e a
axuda formación fillos/as que non se cobrarían ata o ano 2018.
Todas estas medidas as toman en base
á reforma laboral do Pp e alegan causas económicas. O certo é que tanto na
primeira reunión dos sindicatos coa nova Dirección/propiedade; coma na
convención de presentación de Abanca a Dirección xa anunciou unha modificación
de horarios. Agora tratan de xustificar nunha suposta causa económica o que era
unha decisión tomada de antemán.
394 despedimentos pendentes e
Reducción de xornada
Di a Dirección que deixaría sen aplicar as reduccións de xornada e salarios
para 1.120 persoas que pactaron no ERE 32/2013, pero manteríanse os
despedimentos (por unha certificación de data 24/11/2014 recibida do Ministerio
a petición da CIG. sabemos que quedan 394 despedimentos).
O certo é que foi a propia empresa, RRHH, a que nos indicou en numerosas
ocasións que as reducións quedaban sen efecto xa que era imposible aplicalas e
manter á atención á clientela.
Comentarios
Publicar un comentario