O home-polbo dos "Piratas do Caribe" |
A asistencia á polbada foi sempre voluntaria, era habitual xuntarnos máis
de 200 persoas da Territorial. Este ano foron escasamente 100, contando por primeira vez con reforzos alleos (25
persoas de RRHH e doutras Territoriais). Por certo, as persoas de RRHH viñeron, comeron e marcharon apresuradamente, unha vez
que saíron na “foto”.
A participación foi escasa e iso que os Xefes de Zona se esforzaron en facela “obrigatoria” quitándolle
todo o sentido de confraternidade. Quixeron converter un acto festivo nunha nova obriga laboral, estes cárganse
todo o que tocan. Marcaríalle o
Territorial un PAC cun mínimo de asistentes por cada zona?
Aínda que non nos contan, entre as persoas asistentes a CIG estivo na porta denunciando os
despedimentos inxustos.
En fin, semella que para a maioría en Lugo non hai nada que celebrar, debido ao irrespirable ambiente laboral.
Non se pode abafar con seguimentos ameazantes a determinadas oficinas (coma se
foran cativos), fichas de produción noutras e resulta difícil celebrar nada cun
Director Territorial e uns Xefes de Zona que fan informes para despedir da
Entidade a compañeiros e compañeiras de xeito caprichoso e innecesario.
Se algo houbo bo
na Polbada deste ano, foi a lección de ÉTICA que deu a maior parte do cadro de
persoal á Dirección.
Chapeau!!!
Comentarios
Publicar un comentario