Ante as continuas reunións comerciais fora da xornada laboral e a proliferación de horas extras ilegais, nunha empresa que ademais está despedindo a través dun ERE, presentamos denuncia na Inspección de Traballo. Son horas non computadas, non cotizadas, non pagadas nin compensadas, froito ademais da desmedida presión comercial e da falta de persoal despois de 4 ERE´s consecutivos.
A Inspección de traballo de Pontevedra acaba de requirir a //Abanca que cumpra os seguintes extremos:
a)Rexistro diario de xornada, especialmente os días en que se celebre reunións polo serán (a fin de comprobar o cumprimento do descanso entre xornadas).
b)Si se sobrepasan, en total, traballo de maña e reunións pola tarde, as nove horas, tamén se rexistrarán como horas extras.
c) Se rexistrará a a súa compensación con tempos de descanso, no seu caso.
d) Se reflectirán nos recibos de salarios.
e) A efectos de comprobación, de cada reunión se remitirá escrito a esta Inspección e ao Comité de empresa e aos delegados sindicais, nos que conste: día da reunión e duración da mesma, e lista de asistentes; así como lugar dende o que se desprazan os asistentes e duración previsible do desprazamento. Este escrito se achegará nos dez días seguintes a cada reunión. En caso de compensación con tempos de descanso se achegará tamén a esta inspección no prazo de dez días seguintes ao descanso compensatorio (se indicará nome, posto de traballo e centro de traballo).
A Inspección de Traballo remata dicindo que “aínda que a empresa debe dar conta das reunións celebradas” se solicita a nosa colaboración informando da convocatoria das mesmas. Neste senso precisamos que nos avisedes de calquera reunión, respectaremos o anonimato.
Comentarios
Publicar un comentario