Abanca da un paso mais na represión sindical

Hoxe a Dirección de Abanca comunicou aos traballadores e traballadoras a posta en vigor dun Código Ético de obrigado cumprimento.

Sen menoscabo dun informe posterior temos solicitado a retirada do mesmo, ao tempo presentamos denuncia na Inspección de Traballo.

O artigo 120 vulnera dereitos fundamentais contemplados na Constitución, nas normas europeas e nos Convenios da OIT.

Este artigo restrinxe gravemente o dereito á liberdade sindical.

Artículo 120. La participación directa en política, instituciones públicas u organizaciones sociales o sindicales ajenas al banco, aun siendo legítimas, pueden ser incompatibles con el ejercicio activo en el banco. Deberá ser comunicada previamente al Comité de Ética del Banco.

Estamos ante un ataque frontal por parte da Dirección de Abanca contra os nosos dereitos e as nosas liberdades.

Comentarios