Xuízo 20 decembro compañeiro substitucións contra Abanca.
A empresa comunicou unha modificación substancial individual das condicións de traballo a 18 persoas das equipas de substitucións. Os compañeiros/as poden chegar a cobrar 3.000 euros menos ao ano que compensaban os gastos de desprazamento ás oficinas.
Un dos compañeiros, afiliado da CIG, decidiu exercer o seu dereito e presentou unha demanda contra Abanca. Antonio conta con todo o noso apoio e o vindeiro 20 estaremos con el no xuízo.
Conflito Colectivo tedes dereito a estar informados
Hoxe a CIG presentou un novo conflito contra Abanca polos contínuos obstáculos ao dereitos dos traballadores e traballadoras da Entidade a recibir información sindical.
A Dirección de Abanca foi acotando e reducindo os espazos de comunicación dos sindicatos cos traballadores e traballadoras, agochando que as súas agresivas políticas provocan unha reacción sindical. Sufrimos en mais dunha ocasión censuras e retrasos nas comunicacións. É doado conculcar dereitos si o persoal non os coñece.
Reclamamos a Bolsa de Nadal.
No ERE´s de xullo do 2011 a Dirección, CCOO, UGT e CSICA pactaron cambiar a cesta de nadal e as bolsas de boda e nacemento por outras cuestións. Entendemos que aquel acordo foi derogado polos posteriores e que polo tanto aquela transación non está en vigor, tal e como se recoñece por exemplo en materia de horarios no Expediente do 2014.
Por iso solicitámoslle a empresa que envie as Bolsas do Nadal
Comentarios
Publicar un comentario