O PSOE contrario a que o Parlamento investigue aos Méndez

José Luis Méndez  aplaude a José Luis Méndez. Hoxe volve a facelo.
O voceiro do PSOE, José Luis Méndez Romeu anunciou que o seu partido está en contra de reabrir a Comisión de Investigación das Caixas, ao fio da documentación remitida pola CIG.

Méndez Romeu foi membro do Consello de Administración da Caixa Galicia e  recibiu a "insignia de ouro da Entidade". (podes velo aquí). Casta!!!

Segundo os medios, a familia Méndez alegou que contou coa autorización do Consello de Administración, de ser certo implicaría a persoas vincualadas ao PSOE tanto si fose o Consello da Caixa, coma si foi o da Corporación.

A familia tamén dixo que contaba coa autorización da Xunta de Galicia, algo que foi desmentido pola Conselleira de Facenda, quen dixo que a Consellería unicamente autorizou operacións de préstamos (obviando que no expediente dun préstamos sempre figura o destino do mesmo).


Comentarios