Concentración OP Pontevedra 17 setembro contra as 11 da maña

O 11 de setembro a Dirección comunicou o despedimento dentro do ERE en vigor, ao compañeiro de Pontevedra Luis Encinas Catón. Abanca gañou 440 millóns de euros en 6 meses, pero mantén aberto un ERE e despide inxustamente. 

Luis Encinas é un traballador exemplar, un bo compañeiro. Ao longo da súa longa traxectoria profesional, primeiro nas caixas e logo nos bancos, sempre cumpriu exquisitamente co seu deber. Nunca houbo unha queixa dun cliente, nunca foi sancionado, nin apercibido, nunca houbo ningún tipo de reclamación sobre o seu traballo. Tampouco agora, podemos afirmar e demostrar obxectivamente que o seu traballo na oficina actual en Pontevedra era excepcional. Del nada malo poden dicir, o seu despedimento é inxusto.

"Capital In-humano" di que encaixa nos criterios pactados no ERE para ser afectado por un despedimento. Cales son eses criterios? Ter tres fillos e ser o único salario da súa familia? O certo é que no ERE non figura ningún tipo de criterio de selección, grazas aos “sindicatos maioritarios” a empresa pensa que pode facer o que lle peta. Como temos denunciado a aplicación do ERE é discriminatoria e anti-sindical.

Por moito que lle amole á empresa a CIG seguirá defendendo (desgraciadamente en solitario) ás persoas afectadas polas distintas medidas lesivas contempladas nos sucesivos ERE's; con máis motivo ao persoal despedido inxustamente.

Os traslados, despedimentos e sancións forman parte do que nos toca vivir na fabulosa //Abanca. Unha Entidade privatizada a prezo de ganga sen garantías laborais. Daquelas augas veñen estes lameiros.

Comentarios