As persoas que traballaremos dende hoxe en ABANCA,
deixamos atras o período mais negro, triste e duro da nosa historia. Agardamos que se concrete,
á maior brevidade posible, o fin do ERE e un compromiso de mantemento
do emprego. Non entendemos as mensaxes contraditorias, dende RRLL levan 2
meses anunciándonos despedimentos masivos, mentres a nova Dirección
manda mensaxes de tranquilidade.
Pedimos transparencia e claridade nas negociacións que se teran que dar
no proceso de fusión. A CIG parte do mantemento das condicións laborais para o
persoal de NCG e a homologación para o persoal do Etcheverría.
Ante a incerteza dos últimos meses ao derredor dos horarios, que provoca
intranquilidade no cadro de persoal, deixar clara a nosa posición:
A CIG
non está negociando ningún cambio de horario.
Unha negociación de horarios debería darse no ámbito dos Convenios Sectoriais
para evitar unha guerra entre empresas que levaría á desregulación mais
desastrosa.
Todas as Entidades
do Estado deixaron de traballar os sábados por
non ser rendíbeis, non
estamos por dar pasos atrás, nin por experimentos.
Seguimos
defendendo o horario xeral e único de 8:00 a 15:00 para todo o sector financeiro, o cumprimento estrito
do mesmo (coa eliminación das horas extras ilegais) e a aplicación da xornada
das 35 horas para crear emprego.
O fracaso
da xornada estendida (das 25 oficinas con mellor resultado no PAC,
só 8 teñen horario estendido) demostra que non hai demanda por parte da clientela, algo
que xa sabía toda a rede comercial. Non se utilice pois ese argumento, os que
estamos todos os días coa clientela sabemos o que quere. Escóitese mais á rede
e menos á burocracia comercial.
Ao longo da historia ningún proceso de privatización foi positivo para
os traballadores e traballadoras, o traballo sindical debe continuar asumindo
novos retos e con folgos renovados, hai futuro, nos somos o futuro.
Comentarios
Publicar un comentario