Kamikazes comerciais

Os kamikazes eran adestrados culturalmente para que entregaran as súas vidas polo emperador. Aquí semella que hai quen pretende alienarnos culturalmente, para sacrificar o posto de traballo pola conta de resultados. 

A empresa multiplica os obxectivos cada vez que o cadro de persoal se achega ao seu cumprimento, incrementándose tamén a presión para a colocación de produtos que a clientela non demanda. 

Sabemos que a empresa ten interese na colocación de fondos, nada que dicir. Sabemos que a presión cae en cascada, e que o que algúns/has cobran depende do cumprimento por parte das persoas que teñen por baixo. Pero si algún/a quere ser un kamikaze, que o sexa el, “non suicides o teu posto de traballo”. Son inadmisibles instrucións verbais para “flexibilizar” a normativa, ou para cubrir a “MIFID” para poder vender si ou si. 

Ademais moitos fondos están dando perdas, polo que a clientela (sen razón ou con ela) pode rematar botando a culpa a quen lle colocou directamente o produto, lembra as preferentes. Por iso é importante a máxima cautela na colocación, si a clientela reclama que sexa sen razón.

Comentarios