A Audiencia Nacional da razón a CIG en todos os puntos demandados: Abanca ten que rexistrar a xornada e comunicar as horas extras.

Como todos e todas sabedes FOI A CIG quen interpuxo un conflito colectivo contra Abanca para poñer fin á fraude existente en materia de xornada. Ás milleiros de horas extras que se realizan e non se pagan. 

Hoxe coñecemos que a Audiencia Nacional ditou unha sentenza que é favorable á demanda da CIG e recoñece que tiñamos razón en todos e cada un dos puntos demandados.

  • Abanca ten que rexistrar a xornada efectiva.
  • Abanca ten que comunicarlle ao persoal as horas traballadas, incluídas as extras.
  • Abanca ten que comunicarlle aos sindicatos as horas extras realizadas. 

A sentenza pode ser recorrida diante do Supremo, polo que non sabemos que fará a empresa. Pero polo pronto a xustiza deunos a razón. 

O resto de sindicatos apoiaron a nosa demanda no SIMA e se persoaron na Audiencia Nacional, o cal agradecemos. Pero non nos parece de recibo que falen publicamente do xuízo sen dicir de quen foi o traballo, da CIG. 

Hoxe hai un Plan de Igualdade pola denuncia na CIG na Inspección de Traballo. Podía ser mellor, si non fora por outros. 

E haberá un rexistro de xornada pola demanda da CIG na Audiencia Nacional. 

Despois de anos de recortes, retrocesos e despedimentos, 
hai avances grazas á CIG.

Comentarios