En Madrid a ACARL consegue cesións a cambio de nada, en Galiza seguimos coas mobilizacións

A reunión da mesa negociadora do Convenio foi breve, pero asistimos incrédulos a un cambio de posición sindical, mentres a patronal mantiña a súa postura intransixente. A CIG continuará co proceso de mobilizacións o vindeiro 13 de novembro, esta vez en Ourense. 

En primeiro lugar queremos denunciar publicamente a actuación do voceiro de CCOO na mesa, comezou a falar “en nome de todos os sindicatos” e cando a CIG dixo que non podía falar no noso nome, pretendeu facelo igoal. Ata a patronal tivo que lembrarlle ao voceiro de CCOO, que pola representación da CIG fala a CIG. 

O voceiro de CCOO continuou falando en nome deles, UGT, CSICA e ASCA (CIC), anunciando a disposición a falar das propostas das Direccións en materia de Clasificación de Oficinas e Horarios. Loxicamente o representante da CIG na mesa, non respaldou esa proposta. Non admitimos recortes que en materia de Clasificación de Oficinas ou horarios. 

É preciso lembrar que o Convenio Colectivo establece un mínimo en clasificación de oficinas, e que por Convenio cada empresa establece o seu sistema. Por iso calquera modificación que se poda falar na mesa sectorial, será para recortar, tendente a súa futura desaparición. 

Por parte da patronal, indicaron que sendo unha boa noticia (para eles), queren “falar” do resto das cuestións, pero que o 12 de novembro, data da seguinte reunión, afondaran nas súas propostas de Clasificación de Oficinas e horarios. 

En materia de horarios, pero tamén noutras, semella que as empresas queren consolidar como norma,  o que conquistaron como excepción a través dos Expedientes Colectivos. Por si houbera un cambio despois do 20 de Decembro, que restrinxira os Expedientes de descolgue e inaplicación do Convenio. 

Ademais os resultados anunciados polas distintas Entidades, que retornaron a senda dos beneficios mellorando marxes, demostran que non é necesario recortar dereitos laborais. 

En definitiva non houbo ningún cambio por parte das Direccións, que manteñen as súa intención de recortar dereitos e salarios. Por iso a CIG mantén as mobilizacións, abonda de recortes.

Comentarios