Desvelamos a sorpresa que nos prepara a Dirección

A Dirección anunciou que ten preparada unha sorpresa para o persoal de Pontevedra e Ourense, que dará a coñecer na reunión convocada para o venres 16 pola tarde. 

 Non será que volveremos ao horario normal; nin que pagaran os trienios ou o plus convenio; ou que retomarán as achegas ao Plan de Pensións. Tampouco que retiran as súas propostas no Convenio para quitarnos 5 pagas. Non, non será ningunha das sorpresas que a todos e todas nos gustaría recibir. 

Polo pronto, a “sorpresa” é que nos fastidian a tarde do venres e non pensan pagarnos esas horas extras. Deberían, aínda que só fose por ter que aturalos no noso tempo libre e de descanso, despois dunha durísima semana laboral. Especialmente duro será para o persoal que deberá realizar longos desprazamentos de ida e volta para que lle digan “tedes que vender máis”. 

Que todo un Conselleiro Delegado convoque ao persoal e non lle pague as horas extras é todo un símbolo: a Dirección deixa claro que queren que o persoal traballe de balde máis ala do establecido legalmente. Iso explica as continuas presións e ameazas para que se traballen mais tardes das reguladas; ou que manteñan o horario de apertura ao público, obringando ao persoal a entrar antes de tempo para abrir as caixas e que sexa imposible saír das oficinas á hora. 

Por iso non é unha sorpresa que ante o fartazgo do cadro de persoal a CIG teña presentado unha denuncia na Inspección de Traballo e da Seguridade Social. 


Abanca ten a obriga de cumprir a lei
e de pagar o que nos debe.

Comentarios