A empresa convocou unha reunión para implantar o novo recorte no Plan de Pensións.

O 3 de xuño tivo lugar unha reunión da mesa de previsión social, que foi convocada pola Dirección co seguinte orde do día:

 “• Medidas de reducción del coste del sistema de previsión social en cantidad no inferior al 20% conforme a lo establecido en los Acuerdos Laborales de 14 de Febrero de 2013 y 26 de diciembre de 2014 

 • Proceso de integración del colectivo del Banco Etcheverria en el Plan de Pensiones del Personal de Abanca.” 

É preciso lembrar que a Entidade recibiu a conformidade sindical (CCOO-UGT-CSICA) para non realizar as achegas actuais, pero que ademais comprometéronse a implantar novos recortes no futuro:

Propostas da empresa: 

-Rebaixar as achegas anuais futuras ao 3% do salarios pensionable (cando outras medidas de recorte, coma a redución dos trienios, xa reducen o futuro salario pensionable e polo tanto as achegas).

-Pasar ao persoal que queda en prestación definida a achega definida. 

-Modificar as prestacións de risco (falecemento, invalidez,etc). 

No 2014 os beneficios de Abanca, ascenderon aos 1.157.000.000 de euros, a mala situación económica alegada non era real. 

Outros sindicatos están denunciando os supostos incumprimentos dos acordos por parte de Abanca, pero curiosamente están dispostos a negociar a implantación dese novo recorte nas achegas ao Plan de Pensións. Si din que Abanca non cumpre os acordos, debemos cumprilos os sindicatos, cando ademais as causas motivadoras do expediente non eran certas?. A CIG xa foi a única que dixo que non, estamos para recuperar dereitos non para recortalos mais.

Comentarios