Convenio Aforro: As entidades queren o horario e os recortes de Abanca

Juan Chozas, representante de Bankia grazas ás portas xiratorias
As reunión do Convenio de Aforro están estancadas, aparentemente pola negativa sindical a aceptar o horario partido que promove unilateralmente Bankia. O representante desa entidade, ten todo o protagonismo, trátase de Juan Chozas, exsecretario de emprego do Aznar, que chegou a Bankia grazas ás malditas portas xiratorias. Todas as Entidades, con Bankia á cabeza queren que CCOO-UGT-CSICA acepten no resto, os horarios e recortes que aceptaron en Abanca. 

A patronal presentou pois unha proposta de máximos, que está nas antípodas da proposta presentada pola CIG na anterior reunión. Van na liña da reforma laboral queren baleirar o Convenio Colectivo, implantado condicións individuais nas que todos e todas temos as de perder. 

Proposta da ACARL: 

Promoción profesional e Clasificación Oficinas: Queren eliminar todo. Os postos de responsabilidade non tería mais categoría, simplemente se cobraría un plus funcional. 

Xornada e horario: Xornada máxima de 1700 horas anuais. Desaparición da regulación de horarios no convenio, cada entidade tería o seu. Supresión día de libre disposición. 

Trienios: Desaparición dos trienios. Actuais pasarían a complementos persoais. 

Pagas beneficios: Vincular todas as pagas de beneficios á obtención de “resultados notablemente positivos”. 

Mobilidade xeográfica: Ampliar a mobilidade ata os 50 quilómetros. Aos traslados aplicaríaselle o Estatuto Traballadores ou pacto empresa. Queren nova regulación Comisión de Servizos. 

Recortes complementos: Desaparición dos pluses regulados nos artigos 44, 46, 47 e 48 do Convenio. Os actuais manteríanse como complementos persoais. Queren eliminar sen mais o plus Convenio. 

Varios: Modificar sistema asignación vacacións; eliminar préstamos de atención varias; pagar menos en caso de I.T.; e que os Plans de Pensións non sexan un dereito por Convenio. 

Revisión salarial: Dependerá do que se negocie no resto do Convenio. 

Pd. Ao remate da reunión houbo un plante simbólico á patronal. 

 Próxima reunión o 27 maio.

Comentarios