Xa coñecen o horario, nos contarémoslle a verdade



A empresa quería desregular horarios e o conseguiu sen que houbera unha defensa por parte dos “sindicatos maioritarios” da xornada continuada, que é a mellor posible. Cederon, sen mover un dedo para defendela; non houbo asembleas, nin mobilizacións.
O novo Expediente, que tal e como lembrou a empresa, foi pactado con CCOO, UGT e CSICA que representan case ao 72,67% do persoal, deixa en mans da Dirección todo o relativo ao horario; era previsible todo o que agora imos coñecendo.
Nós advertiamos que a nova xornada estendida máis alá do límite ilegal (mal chamada horario flexible), afectaría a máis de 1.000 persoa; tal cal. Implantaron un horario de 8 a 19 horas sen ningún tipo de control para o 30% do cadro de persoal: xestores/as, directores/as, subdirectores/as, terán unha xornada laboral estendida incontrolable.
O acordo deixa á marxe do horario xeral os postos de Dirección, sen concretar un específico, polo que a empresa lle aplica o mal chamado horario flexible. Segundo algúns zonas, tamén lla aplicarán aos postos de subdirección.
O Expediente Colectivo non establece un máximo de horas anuais ou semanais, polo que entendemos que seguen vixentes os límites das 1.680 horas anuais do Convenio e as 40 horas semanais do Estatuto dos Traballadores, pero o problema é a falta dun sistema de control horario. De aí que aconsellemos levar un rexistro propio da xornada real realizada, por se fora preciso en calquera momento, que nesta empresa nunca se sabe.
Ademais, o resto traballará como mínimo unha tarde máis semanal, e dicimos mínimo, xa que a aplicación do acordo levará a un incremento maior da xornada e, senón, ao tempo. Era doado prever que a Dirección Comercial pretendería reducir a 15 minutos o tempo de apertura e peche ao público, malia que resulta fisicamente imposible abrir e pechar caixas, dispositivos, realizar os cadres ou incluso os arqueos intervidos.
Queremos lembrar a normativa publicada no mes de setembro sobre custodia do efectivo, que é clara e cualifica o seu incumprimento como sanción moi grave (e polo tanto o despido de balde). Deste xeito obrigan a estender aínda máis a xornada laboral.
Dado que as labores de apertura e peche das caixas fará imposible o cumprimento dos horarios, aconsellamos levar un rexistro da hora de saída diaria.
A cambio de desregular a xornada, dixeron que non habería despedimentos obrigatorios, pero nada dixeron de obrigar a xente a “despedirse”. Poucos días despois do acordo, as ameazas a persoas dicindo “ou aceptas un traslado a outra empresa/cidade, ou te acolles a unha baixa” xa están en marcha.
Non só temos un problema de horarios, o ERE 32/2013 segue aberto e polo tanto seguimos vivindo nun estado de excepción permanente. Esa é a verdade.

Comentarios