Lugo: O persoal está feito “polbo”, non está o corpo para festas...



O home-polbo dos "Piratas do Caribe"
Durante 20 anos as persoas que traballamos na Territorial de Lugo, tiñamos un punto de encontro na polbada anual; era un día para vernos entre compañeiros/as e amigos/as. A Dirección conseguiu cargarse tamén a polbada: este ano foi un fracaso. Por moito que publiquen no Portal e digan que a xornada “desenvolveuse nun ambiente de unidade entre os compañeiros e compañeiras”.

A asistencia á polbada foi sempre voluntaria, era habitual xuntarnos máis de 200 persoas da Territorial. Este ano foron escasamente 100, contando por primeira vez con reforzos alleos (25 persoas de RRHH e doutras Territoriais). Por certo, as persoas de RRHH viñeron, comeron e marcharon apresuradamente, unha vez que saíron na “foto”.

A participación foi escasa e iso que os Xefes de Zona se esforzaron en facela “obrigatoria” quitándolle todo o sentido de confraternidade. Quixeron converter un acto festivo nunha nova obriga laboral, estes cárganse todo o que tocan. Marcaríalle o Territorial un PAC cun mínimo de asistentes por cada zona?

Aínda que non nos contan, entre as persoas asistentes a CIG estivo na porta denunciando os despedimentos inxustos.

En fin, semella que para a maioría en Lugo non hai nada que celebrar, debido ao irrespirable ambiente laboral. Non se pode abafar con seguimentos ameazantes a determinadas oficinas (coma se foran cativos), fichas de produción noutras e resulta difícil celebrar nada cun Director Territorial e uns Xefes de Zona que fan informes para despedir da Entidade a compañeiros e compañeiras de xeito caprichoso e innecesario.

Se algo houbo bo na Polbada deste ano, foi a lección de ÉTICA que deu a maior parte do cadro de persoal á Dirección.
Chapeau!!!

Comentarios