Concentración na central en A Coruña en defensa do emprego

Ante os novos despedimentos en Abanca continuamos coas mobilizacións, concentrándonos o 24 de outubro na central na Coruña, contando co apoio de ASCA, así coma co apoio a título persoal de delegados de CCOO. Solidariedade que agradecemos publicamente. 

A O.P. da Coruña foi o escenario dunha nova concentración sindical para esixir o cese da represión e a readmisión dos compañeiros e compañeiras despedidos pola Dirección dende setembro. Nesa concentración estiveron o compañeiro Luis Encinas e a compañeira Iria Baz, ambos despedidos en Pontevedra, que seguen loitando polo seu dereito a traballar. Hoxe a compañeira despedida de Ourense, que levaba 27 anos na Entidade, aceptou unha oferta económica, unha decisión persoal totalmente lexítima. 

Mentres algúns sindicatos (asinantes do ERE) din que non haberá novos despedimentos, o certo é que nos últimos días, como xa sabedes, houbo mais en toda Galiza. O ERE continua vixente e remata no 2016. Esa é a crúa realidade, a empresa non comunicou o peche do mesmo. Tampouco facilitou a cifra máxima de traballadores/as que autorizou Bruxelas no novo Plan de Reestruturación 

Ante esta situación dirixímonos ao Ministerio de Traballo para que nos informe do número de persoas que causaron baixa na Entidade a través do ERE 32/2013. O único dado fiable dos despedimentos que quedarían por facer

 Loxicamente en termos legais estes despedimentos non pode afectar ao persoal do Etcheverría dado que non formaba de novagalicia no 2013. 

Seguimos insistindo en que sería doado negociar medidas previstas na lexislación para minorar o número de despedimentos. É a nova Dirección a que opta por despedir e non negociar. 

 Test Europeo 

En decembro do 2013 a antiga Dirección de NCG Banco, SA comunicounos que a entidade pasou os test previos realizados polo BdE con vistas ao test europeo, situándose entre as mellores Entidades do Estado, o resultado actual non é unha sorpresa. O que debería ser unha boa nova que Abanca teña uns beneficios de 440 millóns de euros no primeiro semestre e unha solvencia incuestionable grazas ás axudas públicas, non o é dado que mantén aberto un ERE e continúa despedindo.

Comentarios