Aclaracións á "nota" da UGT

1. Fronte aos despedimento inxustos de compañeiros/as, que están pasando por unha durísima situación a nivel persoal e familiar (hai incluso persoas con familias numerosas entre os despedidos), o lóxico é situarse do seu lado e colaborar na súa defensa. Tamén temos claro que ante a nova situación da Entidade (privatizada, fusionada e con beneficios) a lóxica sindical chama a exixir da empresa medidas alternativas, que as hai, para evitar calquera despedimento, sexa cal sexa o seu número.

 2. Como se verá no xulgado, a comunicación á empresa de que Luis Encinas ou Iria Baz formaban parte da candidatura é do 12 de agosto, os despedimentos foron en setembro e outubro. No caso de Rosa Abad, xa formou parte das candidaturas da CIG en anteriores procesos electorais, constándolle á Entidade con anterioridade á comunicación de despido. UGT defende unha versión que favorece á empresa sen contrastala.

3. En relación ao ERE vixente, as actas das reunións e incluso a sentenza da Audiencia Nacional (no feito probado decimonoveno e Fundamento de Dereito sétimo), establecen claramente e sen lugar a dúbidas que a CIG non asinou o preacordo do ERE IV. A sentenza é pública e nos xa temos publicado as actas. Unha mentira repetida moitas veces segue sendo unha mentira.

4. Sobre as críticas ás actuacións públicas da CIG para que se esclarezan as responsabilidades das Direccións das antigas Caixas, dicir que estamos orgullosos de contribuír a que se faga xustiza e de contribuir á reapertura da Comisión de Investigación no Parlamento Galego e cumprimos coa obriga que teñen todas as persoas, de poñer en coñecemento da xustiza posibles irregularidades. Sen esquecer que os despedimentos de hoxe teñen orixe na xestión do pasado. 

Non imos a entrar nos insultos recorrentes contra as persoas que forman parte da CIG, ala cada quen. Este tipo de actuacións descalifica a quen as realiza e non merece nin contestación.

En termos sindicais temos claro  que a empresa despide coa complicidade outorgada pola UGT, CCOO e CSICA, asinantes dos sucesivos ERE´s. Unha responsabilidade da que non fuxirán por moito que insulten.

Comentarios