O Código de Conducta restrinxe dereitos fundamentais.

Temos que pedirlle permiso á empresa para participar nun partido político? Para formar parte dunha organización social? Para participar nun sindicato que non sexa un creado polo banco? Estes son dereitos fundamentais e básicos democráticos, amparados incluso na Constitución, na Carta Europea de Dereitos dos Cidadáns. A súa vulneración efectiva é un delito. 

O Código Ético aprobado unilateralmente por Abanca restrinxe gravemente os dereitos fundamentais privados, políticos, sociais e sindicais do cadro de persoal. Non se coñece unha actuación semellante por parte dunha empresa na historia recente. Só nas peores ditaduras se restrinxen os dereitos fundamentais dos cidadáns. O máis recente é o caso de Irán. 

Artículo 120: La participación directa en política, instituciones públicas u organizaciones sociales o sindicales ajenas al banco, aun siendo legítimas, pueden ser incompatibles con el ejercicio activo en el banco. Deberá ser comunicada previamente al Comité de Ética del Banco. 

Este artigo é anticonstitucional, vulnera a Carta Europea de Dereitos da Cidadanía e os Convenios Internacionais da OIT. Tamén pretenden prohibir condutas privadas fóra do banco: 

Artículo 53: Si bien Abanca no puede ni debe entrometerse en la vida privada de sus profesionales, se entenderá que ésta puede colisionar con el ideario de la entidad en la medida en que se practiquen conductas incívicas que dañen el buen nombre de la misma. Esto incluye la utilización de vocabulario, comportamientos, símbolos o indumentarias manifiestamente inadecuadas o contrarias a los principios y derechos fundamentales comúnmente aceptados. En tal caso, Abanca tendrá derecho a proteger su reputación y podrá ejercitar las acciones legales oportunas para corregir tales actuaciones. 

Temos presentado denuncia na Inspección de Traballo e a nosa asesoría xa traballa na impugnación do Código. Ao tempo, temos elevado unha petición para que se aborde este ataque aos dereitos fundamentais no Parlamento Galego. En todo caso a publicación deste Código evidencia o comportamento antisindical e represivo por parte da Dirección. Despedimentos, traslados e sancións son actuacións avaladas por esa visión profundamente antidemocrática reflectida no Código de Conduta.

Comentarios