Nova mobilización pola readmisión de Luis e contra a represión sindical

Seguimos co calendario previsto de mobilizacións para demandar a readmisión do compañeiro Luis Encinas, inxustamente despedido, e contra a represión sindical.

Onte concentrámonos novamente na OP de Pontevedra e recibimos o apoio da Asemblea de Delegados/as da CIG na Comarca de Pontevedra.

Con posterioridade mantivemos unha reunión co xefe da Inspección, tanto para analizar a situación das últimas denuncias presentadas, como para poñelo ao día da actuación de //ABANCA.

Comentarios