Concentración o 14 de agosto na OP de Vigo

Cartel da campaña

Segundo o “Socio” de “Capital humano”, que comunica despedimentos e traslados, están seleccionadas 110 persoas na provincia de Pontevedra “y todas ponen escusas” (as nosas vidas son unha escusa para ese “señor”). A empresa comunica traslados forzosos e dá como única opción causar baixa na empresa, todo isto conforme ao ERE IV. 

O argumento para estes traslados/despedimentos é a existencia dun “excedente” de persoal na provincia de Pontevedra, pero ao tempo a empresa está realizando contratacións temporais; hai sobre carga de traballo e colas en oficinas. 

Pode que os Tribunais digan que o ERE é legal, pero é inxusto, e ademais a súa aplicación está sendo claramente discriminatoria, tal e como denunciamos por exemplo no horario estendido (un 57% das persoas ás que se lle impuxo ese horario son mulleres, en Pontevedra o 63%). 

O mesmo está facendo agora cos traslados/despedimentos; a falta de datos oficiais, que “Capital humano” negouse a facilitar, afectarían fundamentalmente a mulleres, dificultando a conciliación da vida laboral e familiar, vulnerando e/ou dificultando o dereito á maternidade, etc. 

Ademais, están enganando ás traballadoras: nalgúns casos fan crer verbalmente que os traslados serán para máis preto do que poñen nos escritos de comunicación, pero cando pasa o prazo legal para poder reclamar, “Capital Humano” ratifica o traslado inicial. 

Ante esta situación e a falta de vontade para solucionala, o vindeiro 14 de agosto terá lugar a primeira mobilización sindical da “era //Abanca”.

Comentarios