Novo voceiro da CIG en Abanca

Xa temos practicamente rematado o novo voceiro da Sección Sindical da CIG en Abanca. 

No primeiro número do novo voceiro falamos de como a Direción prepara a futura negociación que teremos que encarar en setembro. Comezamos unha serie de entrevistas a delegadas e delegados da CIG, nesta ocasión entrevistamos a compañeira Paula Mosquera de Lugo. Abordamos a polémica sobre a indemnización multimillonaria de José Luis Méndez. Analizamos as consecuencias da actuación dos sindicatos "independentes". Dámoslle un repaso ás oposición e por último entramos na polémica sobre horarios.

Comentarios