Futuro



As persoas que traballaremos dende hoxe en ABANCA, deixamos atras o período mais negro, triste e duro da nosa historia. Agardamos que se concrete, á maior brevidade posible, o fin do ERE e un compromiso de mantemento do emprego. Non entendemos as mensaxes contraditorias, dende RRLL levan 2 meses anunciándonos despedimentos masivos, mentres a nova Dirección manda mensaxes de tranquilidade.

Pedimos transparencia e claridade nas negociacións que se teran que dar no proceso de fusión. A CIG parte do mantemento das condicións laborais para o persoal de NCG e a homologación para o persoal do Etcheverría.

Ante a incerteza dos últimos meses ao derredor dos horarios, que provoca intranquilidade no cadro de persoal, deixar clara a nosa posición:

A CIG non está negociando ningún cambio de horario.

Unha negociación de horarios debería darse no ámbito dos Convenios Sectoriais para evitar unha guerra entre empresas que levaría á desregulación mais desastrosa.

Todas as Entidades do Estado deixaron de traballar os sábados por non ser rendíbeis, non estamos por dar pasos atrás, nin por experimentos.

Seguimos defendendo o horario xeral e único de 8:00 a 15:00 para todo o sector financeiro, o cumprimento estrito do mesmo (coa eliminación das horas extras ilegais) e a aplicación da xornada das 35 horas para crear emprego.

O fracaso da xornada estendida (das 25 oficinas con mellor resultado no PAC, só 8 teñen horario estendido) demostra que non hai demanda por parte da clientela, algo que xa sabía toda a rede comercial. Non se utilice pois ese argumento, os que estamos todos os días coa clientela sabemos o que quere. Escóitese mais á rede e menos á burocracia comercial.

Ao longo da historia ningún proceso de privatización foi positivo para os traballadores e traballadoras, o traballo sindical debe continuar asumindo novos retos e con folgos renovados, hai futuro, nos somos o futuro.

Comentarios