Reunión negociación acordo compensación desprazamentos.

O 17 de novembro tivo lugar a primeira reunión coa empresa para negociar un acordo que substitúa á Norma Xeral de Desprazamentos. A CIG foi cos deberes feitos. 

Ao inicio da reunión a empresa dixo que os conflitos da CIG, da UGT e CCOO solicitaban que se paguen os quilómetros conforme ao artigo 55, pero que o conflito da CIG incidía tamén noutros aspectos e que ademais remitíramos a única proposta para a negociación, polo que pasaba a darnos contestación:
  • Están dispostos a adaptar os pagos dos quilómetros ao establecido no Convenio. 
  • Están por priorizar o transporte público. 
  • Están por que compartir coche sexa voluntario. 
  • Non están por potenciar que se comparta coche incrementando a compensación por quilometraxe.
  • Non aceptan a regulación das dietas que propoñemos para o persoal das equipas de substitucións, pero din que poderían dar unha saída. 
 Explicaron que modificaron as condicións individuais de 18 persoas das equipas de substitucións, xa que entendían que as tiñan consolidadas dende o ano 2010. Pero que o resto do persoal xa non cobraba dietas. Que ademais o acordo para negociar a Norma Xeral de Desprazamentos non afectaba a esas 18 persoas. 

Nos insistimos que no noso conflito si que falábamos das dietas e que pensabamos que sería inxusto un acordo que non afecte positivamente ao persoal que mais quilómetros realiza por conta da empresa. 
Quedaron en pasar unha contraproposta antes do vindeiro 22 de novembro, que analizaremos nunha nova reunión o 24. Si fose posible un acordo, entón a empresa fará unha proposta para regular as condicións de todo o persoal das equipas de substitucións. 

Pd. Ademais ante os problemas co curso do DAF pedimos unha nova reunión para falar de formación. A situación é totalmente inasumible.

Comentarios