Convenio: Hai que ROElo!!

Esta negociación do Convenio non é unha máis, estamos na primeira despois da reforma laboral e da negociación colectiva impulsadas polo Goberno. Antes vivimos os Expedientes de Regulación de Emprego, agora a patronal está disposta a utilizar os resortes da nova lexislación para facer táboa rasa deixando os dereitos laborais a cero, a súa postura intransixente só pode ser respondida coa mobilización de todos e todas. A CIG está a favor da convocatoria inmediata dunha FOLGA sectorial. 

As proposta da patronal na reunión do 15 son as seguintes:

Trienios: supresión, incorporando parte ao Plus Convenio (que dificilmente chegaría a cobrarse). 
Plus Convenio e Pagas beneficios: Vincular o cobro ao ROE do exercicio anterior. O ROE é un indicador de rendibilidade para os accionistas, nos somos traballadores e traballadoras que facemos un traballo e temos dereito a cobrar por el, ao fin a organización do traballo é responsabilidade das Direccións. Ademais propoñen un escalado que faría imposible manter os ingresos actuais. 
Carreira Profesional: Creación nivel nova entrada mais barato para os novos contratos. Recortar a actual promoción por antigüidade ata nivel X. 
Clasificación Oficinas: Eliminación da obrigación da existencia de subdireccións e segundos responsábeis das oficinas. Reducir a 3 os niveis das oficinas, con menor categoría profesional para os postos de dirección. 
Xornada e horarios: Exclusión do horario de Convenio para postos de Dirección e o seu persoal auxiliar; técnicos/as; xestores/as e “visitadores/as”. É dicir para todos e todas. Manteñen o resto de puntos da proposta anterior. 
Mobilidade: Estender a 50 km. 
Incremento salarios: Dependendo do resto. 
Complementos Pensións: Eliminación revisión conforme ao artigo 75.1. 
Axuda gardería e estudos fillos/as: Só pagarían do nivel XIII ao VIII. 
Día de libre: 1 día libre durante a vixencia do Convenio (4 anos). 
Emprego: Cláusula igual que no Convenio 2011-2014, que garante novos Expedientes Colectivos ante o novo proceso de fusións. 


Comentarios